Alternativa de Cambre solicitou melloras para a estrada en Frais, Cecebre
A estrada en Frais, parroquia de Cecebre, presenta deficiencias en diferentes tramos. Veciñanza da zona achegou o tema á Alternativa dos veciños incidindo moi concretamente en dous puntos que presenta maior deterioro.
Un dos puntos afectados situase no tramo que chega ao cruce cunha das estradas principais e máis transitadas de Cecebre, próximo ao Local da Xuventude de Cecebre. Neste punto o asfaltado foi levantado para a instalación de acometidas e as fochancas foron cubertas con saburra.
A outra trátase da estrada que circula en paralelo á autopista, que cruza con Sobreguexe e presenta importantes fochancas. Aínda que o tramo non é de titularidade municipal, dende Alternativa esixiuse que se reclame á Administración competente para que a vía sexa reparada.