[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa de Cambre solicita que se faga público o convenio das Casas Bailly
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Alternativa dos Veciños vai demandar ao Goberno de Cambre que informe publicamente sobre a doazón anónima para rehabilitación das Casas Bailly. O Goberno anunciou nos medios que nas vindeiras semanas firmaría un convenio do que nada se sabe.
Resulta contraditorio que para unha doazón supostamente gratuíta se vaia asinar un convenio, no que se supón que algo deberá aportar o Concello a cambio. É imprescindible aclarar este asunto para poder determinar se este convenio é ou non unha boa noticia para o patrimonio de Cambre e para os intereses veciñais.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]