Alternativa de Cambre require información sobre a xestión municipal da crise
O grupo municipal de Alternativa dos Veciños de Cambre solicitou por rexistro municipal a activación de órganos informativos sobre a xestión municipal do COVID-19. A información que estamos a manexar sobre a xestión municipal desta crise só chega a través da prensa, radio ou redes sociais.
Esta comunicación sesgada non é operativa ante unha crise deste calibre. Non se está permitindo que os grupos da oposición cumpramos a nosa función e fagamos o noso traballo, nin coñecemento ou posibilidades de colaboración na axuda coa veciñanza, nin retroalimentación das propostas que presentamos.
A desinformación está a xerar dúbidas sobre o cumprimento das funcións de cadaquén: Quen está a realizar as tarefas do alcalde e concelleiros, si estes están a facer as do voluntariado? Como se está a traballar para paliar esta crise? Que se fai coas propostas dos grupos da oposición? Que se está a facer dende as concellerías? Estase a monopolizar dun xeito político as iniciativas levadas a cabo durante a crise?