servisoci

Alternativa de Cambre reclama máis apoio municipal para a concellería de Benestar

Alternativa dos Veciños solicita no pleno municipal de Cambre máis apoio do Concello, en canto ás medidas para a veciñanza en situación máis vulnerable. Semella que toda axuda extraordinaria está a ser externa.

Nas comisións informativas a concelleira Lúa Sanguiñedo recoñeceu que os alimentos que o Concello reparte son aportacións de entidades, particulares e fondos europeos. Recoñecendo que non aporta nada dos seus fondos para a adquisición dos alimentos.

Admitiu tamén que non teñen previsión planificada das novas medidas para axudar á veciñanza que esta a sufrir as peores consecuencias da crise.

O Goberno municipal debe de deixarse de tanta nota de prensa, colgando medallas que non son súas, e ser máis realista, aportando os fondos municipais precisos para atender a toda a veciñanza en situación de vulnerabilidade.

Novas relacionadas