Alternativa de Cambre pide que se apliquen políticas xuvenís contra o vandalismo

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Cambre pide que se apliquen políticas xuvenís contra o vandalismo

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O vandalismo xuvenil é un tema alarmante nalgunhas parroquias de Cambre. Concretamente no Temple están a padecer continuos destrozos e conflitos de convivencia entre a xuventude e a veciñanza. Ademais a actual situación parece que está a acentuar a problemática, mesmo espallándoa a outras áreas do concello.

Alternativa dos Veciños quere denunciar que o Goberno non está intervir desde os departamentos sociais e educativos para aportar solucións integrais ao problema, nin tampouco aplicando políticas xuvenís específicas para o tema. Mais, cando Cambre conta cun dos Departamentos de Xuventude referentes na comarca.

A resposta do Goberno vai sempre encamiñada ao traballo da Policía Local e a Garda Civil, que non fai máis que disuadir os conflitos no momento. Pero a veciñanza segue a padecer, xa desde hai anos, as consecuencias.

A veciñanza esixe a implicación do Goberno municipal prestando maior atención e un traballo real nas problemáticas coa mocidade.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!