[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa de Cambre pide ao goberno municipal atención ao Río Brexa ao seu paso por Bribes
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
As visitas e encontros coa veciñanza que Alternativa está a realizar polas parroquias permitiron coñecer de preto o mal estado pola sucidade e a falta mantemento da maleza que rodea as beiras do Río Brexa ao seu paso por Bribes na Ponte de Fraguiña, tamén se detectou certa preocupación polo estado da varanda da ponte.
Alternativa leva dende os seus inicios en Cambre solicitando atención para todo o patrimonio cambrés, como así o demandan veciños e veciñas, non solo a defensa do patrimonio no que membros do goberno municipal teñen intereses persoais. Por iso achegamos unha solicitude formal transmitindo a situación ao Goberno Municipal para que a zona, parte do patrimonio natural cambrés, sexa acondicionada e revisada.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]