Alternativa de Cambre insiste en que aumente o control das obras
As obras que se están a realizar na rúa Pumar Méndez están a causar importantes molestias no día a día da veciñanza e dos negocios da zona.
A denuncia da situación chegou a este grupo municipal a través da veciñanza, cansa de que a obra non deixe a suficiente accesibilidade, ademais de que afirman se está a demorar moito no tempo. Os negocios comerciais da zona tamén se están a ver gravemente afectados.
Alternativa volve a insistir no pouco control que existe da ocupación de solo público para realizar as obras.