Alternativa de Cambre insiste no control das obras do municipio

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Cambre insiste no control das obras do municipio

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

A pasada semana os medios de comunicación do concello de Cambre anunciaba eliminación temporal de aparcadoiros durante dous días na rúa Abeleira por mor dunhas actuacións que se ían realizar. Obras que a día de hoxe están paradas.

As molestias tamén están a afectar aos usuarios do garaxe dos números 6 e 8 de dita rúa. Provocouse unha situación caótica para nada, xa que as obras ían durar dous días, un deles sábado, nunha fin de semana na que O Temple contaba con actos culturais e que xa, de xeito normal, o aparcamento escasea.

Este non é un tema puntual, Alternativa xa trasladou tamén os problemas na Patiña coas últimas actuacións que deixaron sen luz o barrio nin accesibilidade, entre outras cousas. E insistiuse tamén no control de obras de índole privado, estas si traballan os sábados.

Alternativa seguirá insistindo para que haxa máis control no cumprimento da normativa municipal, e as obras, públicas ou privadas, causen o menor trastorno posible a veciñanza.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!