Alternativa esixe maior limpeza no paseo marítimo do Temple

psctm

Alternativa esixe maior limpeza no paseo marítimo do Temple

O mobiliario do paseo marítimo amosa a falta de traballos de limpeza a pesar de ser percorrido a diario por centos de persoas e atoparse en pleno centro urbano. Bancos e papeleiras rodeados de maleza é a situación que Alternativa critica e esixe ao que se realicen os traballos de limpeza pertinentes.

“A limpeza é un dos precarios servizos cos que a veciñanza de Cambre convive, xa que o Goberno municipal só traballa cando hai unha denuncia. E cando esta chega, a veciñanza xa leva aguantado o seu”, afirma Raúl Varela, voceiro de Alternativa en Cambre.

Novas relacionadas