Alternativa de Cambre esixe coñecer o custe e situación das 200 árbores que afirma o Goberno que plantou

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Cambre esixe coñecer o custe e situación das 200 árbores que afirma o Goberno que plantou

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Cambre pediu ao Goberno municipal información concisa, pero o Goberno non concreta os custes, nin a súa situación dos mesmos. A desconfianza sobre os datos que publicou o Concello xurde da presencia de conos substituíndo árbores dende hai máis dun ano nas obras levadas a cabo no Temple. Tampouco nos medios informativos municipais se atopa información desta cantidade de árbores.

Por outra banda, a concelleira facilitou información a medias, afirmando que medio centenar forman parte dunha licitación de 25.000€,sen facilitar nin o número de expediente nin tampouco de onde se sacan as outras 150 árbores. Sendo así, segundo esta información parece que esas 50 árbores tiveron un custo de 500 euros. Motivos polos que Alternativa insiste en esixir que se concrete detalladamente onde están as árbores e canto costaron.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!