Alternativa de Cambre denuncia ante a Consellería de Medio ambiente un vertedoiro de vehículos nunha parcela municipal
O grupo municipal Alternativa dos Veciños de Cambre puxo en coñecemento da Consellería a existencia dun “depósito” de vehículos en moi malas condicións (E outros materiais) situado nunha finca de propiedade municipal, xunto o Instituto de Educación Secundaria David Buján, e no que non se están a cumprir as medidas de seguridade pertinentes.
O lugar non parece o máis adecuado para acumular chatarra e residuos varios, xa que se poden producir posibles vertidos ou filtracións ao chan, e o río Mero atopase a uns 100 metros. Ademais non conta cos cerres de seguridade adecuados que impidan o acceso de calquera persoa, a pesar de atoparse pegado a un instituto e un pavillón polideportivo. O cal leva ó lugar a ser pasto para os “actos vandálicos” que se poden apreciar nas pintadas de varios vehículos.
Alternativa dos Veciños puxo a situación en coñecemento da autoridades pertinentes para que sexan realizadas as avaliacións precisas que podan garantir a seguridade do lugar. Xa que pode supoñer un risco, tanto para as persoas como para o medio ambien