[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa de Cambre segue a denunciar a política urbanística do Goberno municipal
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Son constantes as xustificacións do concelleiro de Urbanismo e primeiro Tenente Alcalde respecto á execución de convenios de hai máis de 20 anos, amparados en normas subsidiarias. Desde o 2017, pola modificación da lei do solo de Galicia, esas normas están obsoletas e por tanto son irrealizables.
Alternativa dos Veciños de Cambre considera inxustificable que se fale de indemnizacións millonarias, que non son reais, para amparar aberracións urbanísticas, recalificacións de solo non urbanizable que pasa a ser urbano. Estase a outorgar ata 5 metros cadrados de construción por cada metro cadrado, cando a lei do solo de Galicia para un concello como o de Cambre ou similares, non permite máis que 0,8 metros por cada metro cadrado.
Que fixo o goberno de Cambre estes 5 anos con maioría absoluta? Por que non procedeu á aprobación do Plan Xeral que regularía todo o solo do municipio e non determinadas fincas privadas? Así, evitaríanse os atentados urbanísticos que se pretenden levar adiante con modificacións puntuais.
A Xunta de Galicia debería tomar medidas contra este sistema de especulación que se administra desde o Goberno local.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]