[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa pide ampliación de prazos para o pagamento de impostos e taxas municipais
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Alternativa dos Veciños de Cambre presenta unha proposta de actuación, cunha serie de medidas fiscais para paliar os efectos da situación actual.
Das medidas presentadas contémplanse, entre outras, que os todos os procedementos tributarios iniciados polo Concello sexan aprazados. Así como os prazos de prescrición e caducidade de calquera acción ou o prazo para contestar requirimentos de achega de documentos de natureza tributaria.
Ampliar os prazos para interpoñer recursos e reclamacións, así como o período voluntario de IVTM, CEMITERIOS MUNICIPAIS, VADOS, CAIXEIROS , IBI URBANO, IBI RÚSTICO e IAE. Tamén o cargo das domiciliacións correspondentes os postos das feiras de Cambre. Así como minorar as taxas das terrazas durante o período que non sexan empregadas.
Esta proposta súmase as iniciativas aportadas para o comercio local, así como as aportadas pola veciñanza a través do Banco de Alternativas Veciñais.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]