Alternativa de Bergondo reclama á Xunta que volva incluír o Regueiro no censo de praias

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Bergondo reclama á Xunta que volva incluír O Regueiro no censo de praias

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños manifesta a súa absoluta perplexidade perante unha decisión que ano tras ano semella inamovible, aínda cando os datos obxectivos din claramente que o Regueiro xa non é unha praia contaminada.

Alternativa de Bergondo reclama á Xunta que revise toda a información actualizada da que dispón a día de hoxe sobre as condicións das augas de baño na Praia do Regueiro. Se o fai poderá comprobar que os datos obxectivos poñen sobre a mesa unha mellora radical con relación ao que sucedeu hai uns anos, é dicir, episodios continuos de contaminación que remataron por forzar o peche da praia ao baño. A situación agora é ben distinta.

Dende o departamento de Medio Ambiente, que dirixe o concelleiro Juan Fariña, tense levado a cabo nestes últimos anos un traballo constante, insistente, calado e eficaz para erradicar todo canto aporte contaminante se puidera estar producindo -principalmente- ao rego Cabanés, cuxo caudal desemboca no areal do Regueiro. Fíxose un esforzo tremendo para conectar ao saneamento casas que non estaban conectadas, corrixindo conexións erróneas a pluviais e actuando contra vertidos claramente irregulares. Os datos obxectivos poden ser comprobados e contrastados convenientemente nos informes e analíticas realizados polo PCV (Plan de Control de Vertidos) de Augas de Galicia. A información recente non ofrece lugar a dúbidas, só hai que revisala. Ademais, entraron en funcionamento novas redes de saneamento no entorno da praia, anteriormente inexistentes, que están posibilitando que un número cada vez máis crecente de vivendas se conecten á rede municipal de saneamento.

As analíticas encargadas polo Concello de Bergondo (conforme á mesma metodoloxia, parámetros de análise e lexislación que ten en conta a Xunta de Galicia) ao longo de todas as últimas tempadas de baño (2017, 2018, 2019 e 2020) avalan, sen ningún xénero de dúbidas, que o Regueiro NON É UNHA PRAIA CONTAMINADA.

A praia de Gandarío mantén para o ano a nota de Excelente para as súas augas de baño. A do Pedrido pasa de Suficiente a Ben. Como se entende que o Regueiro, no medio destas dúas, non teña mellorado tamén se o factor que tomamos en conta é a dinámica existente no resto da ría?

En definitiva, Alternativa dos Veciños reclama á Xunta que revise a cuestión e reconsidere a súa errónea decisión de manter un ano máis o Regueiro fora do censo de praias analizadas de xeito oficial. É de xustiza.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!