[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa de Bergondo propón melloras na seguridade viaria das estradas da Deputación
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa dos Veciños de Bergondo vai presentar no próximo pleno municipal unha moción para instar á Deputación da Coruña a que reconsidere e, xa que logo, tome a determinación de implementar un plan de instalación, en vías provinciais onde está constatada a falta de seguridade viaria por causa da excesiva velocidade dos vehículos, de elementos redutores de velocidade (PPS e RFVV). Tanto os pasos de peóns sobreelevados (PPS) coma os redutores físicos da velocidade dos vehículos (RFVV) téñense amosado coma un dos métodos máis efectivos para lograr que os condutores máis reticentes co cumprimento das limitacións de velocidade adapten a súa conduta á norma vixente en cada caso. Porén a Deputación semella non compartir esta mesma percepción.
Ademais, Alternativa vai presentar outra moción no pleno municipal para que o Concello inicie á elaboración da ordenanza municipal de vaos. Feitas as consultas oportunas ao respecto, coa Policía Local, Alternativa considera de utilidade para Bergondo solventar esta carencia de algo tan básico.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]