2

Alternativa atende consultas e informa persoalmente aos veciños todos os mércores na Casa do Concello

Alternativa dos Veciños de Bergondo ofrece un novo punto de atención e información presencial sobre cuestións relacionadas co municipio a todos os cidadáns do municipio. A oficina que ten o grupo nas dependencias da Casa Consistorial estará aberta todos os mércores de 19:30 a 20:30 horas para atender calquera consulta ou solicitude, tanto de particulares como de entidades.

Tamén é posible contactar con Alternativa dos Veciños Bergondo a través do correo electrónico bergondo@alternativadosvecinos.org. Alternativa conta con dous concelleiros na corporación municipal, que forman parte do Goberno: Juan Fariña, concelleiro de Infraestruturas, Urbanismo, e Medio Ambiente; e Eloy Babío, concelleiro de Servizos municipais.

Novas relacionadas