av

Alternativa atende a decenas de afectados pola huella na oficina móbil

Alternativa dos Veciños atendeu a decenas de veciños e veciñas dos municipios de Cambre e Culleredo na oficina móbil que se desprazou durante esta semana para axudar a facer as alegacións ás persoas afectadas pola ampliación da pegada sonora do aeroporto de Alvedro. A oficina ambulante percorreu todas as zonas afectadas destes dous municipios para prepararlle as correspondentes alegacións a todos os cidadáns que o solicitaban.

Ademais do servizo presencial que se prestou nesta furgoneta, Alternativa seguirá atendendo ás persoas interesadas en presentar alegacións. Poden dirixirse aos teléfonos 981677960 e 604080782 ou aos correos electrónicos culleredo@alternativadosvecinos.org e cambre@alternativadosvecinos.org para solicitar axuda para a realización dos trámites. O prazo para presentar os recursos ante a Dirección Xeral de Aviación Civil finaliza o 24 de decembro.

DESCARGAR ALEGACIÓN TIPO

Novas relacionadas