servizos

Alternativa dos Veciños aspira a mellorar os servizos públicos da cidade da Coruña

As deficiencias en materia de mantemento (reparación, iluminación ou limpeza) no Concello da Coruña son evidentes e esixen solucións por parte do goberno municipal. Alternativa dos Veciños considera imprescindible unha mellor organización dos servizos públicos e un maior control das empresas contratadas para levalos a cabo.

“Hai que superar as dificultades de xestión que presentan, sexan de operatividade ou custo, sobre todo as dos servizos sufragados mediante prezos públicos ou taxas como a subministración de auga, o saneamento e a recollida de lixo. Para que os servizos públicos sexan eficaces non debe primar a rendibilidade empresarial sobre as necesidades da veciñanza.”, comentou o candidato Pedro Armas.

Novas relacionadas