[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa aspira incrementar a súa representación en Culleredo para mellorar a xestión do Concello
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_images_carousel images=”28062,28061,28059,28060,28058,28057,28072,28073,28074,28075,28067,28069,28076,28077,28070,28071,28078,28064,28063″ img_size=”large” onclick=”link_no” autoplay=”yes” hide_pagination_control=”yes” wrap=”yes”][vc_column_text]Alternativa dos Veciños celebrou un acto público esta tarde no Burgo para presentar o seu programa electoral no Concello de Culleredo. O partido da margarita aspira a incrementar a súa presenza na corporación municipal para que o municipio poida ser xestionado dunha maneira máis eficiente, para poder atender as necesidades dos cidadáns.
Entre outras cousas, a candidata Alicia Ferreiro anunciou que pretenden realizar unha auditoría completa das contas do Concello ante as múltiples irregularidades detectadas na contratación pública. “Están a acontecer cousas moi graves no noso Concello. Hai numerosas contratacións que se fan dedo, vulnerando as leis, pagando máis cartos dos que corresponde. Por iso temos que cambiar o Goberno de Culleredo, porque non funciona”, comentou.
Entre as propostas de Alternativa para Culleredo está a de crear un edificio de usos múltiples aproveitando as estruturas da antiga Cross. “Queremos que o noso concello teña unha instalación pública na que se poidan ofrecer servizos administrativos así como albergar actividades sociais, culturais e deportivas, onde teñan cabida tamén as entidades do municipio”, explicou Ferreiro.
Pola súa parte, o presidente de Alternativa, Ángel García Seoane, falou da urxente necesidade de que Culleredo conte cun Plan Xeral. “Non pode tolerarse que esta comarca siga máis tempo sen planeamento. Para que teñamos progreso, para que haxa empresas e comercios, para que os propietarios saiban o que poden e o que non poden facer nos seus terreos, é imprescindible que haxa Plans Xerais nos concellos. Aquí en Culleredo téñeno gardado nun caixón, sen responder ás alegacións dos veciños. Non sabemos a que están esperando para facer unha exposición pública dos cambios que fixeron, que son substanciais”, dixo García Seoane.
Peche de campaña en Vilaboa ás 20:30 horas do venres
O peche de campaña de Alternativa dos Veciños Culleredo celebrarase este venres día 24 de maio ás 20:30 na Praza da Igrexa de Vilaboa.[/vc_column_text][vc_single_image image=”28054″ img_size=”large” alignment=”center”][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column][vc_column_text]PROGRAMA ELECTORAL DE ALTERNATIVA DOS VECIÑOS CULLEREDO[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]