[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa de Arteixo volve solicitar ao Concello que xestione a eliminación da alta tensión de Sol y Mar
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa dos Veciños de Arteixo volve solicitar ao equipo de Goberno que faga as xestións pertinentes para eliminar as torres de alta tensión da urbanización Sol y Mar en Oseiro.
O pasado 30 de decembro de 2020, remitimos un escrito a atención do alcalde no que demandábamos que ante a grave situación que levan sufrindo os veciños da urbanización Sol y Mar en Oseiro, expostos a campos electromagnéticos e radiacións provocadas polas torres de alta tensión situadas na contorna das súas vivendas e do colexio público, se solicitara a Conselleira de Industria e a empresa propietaria e explotadora comercial das redes eléctricas, a eliminación das torres e o soterramento do cableado, que a pesar do convenio asinado no ano 2013 polo Concello, a Xunta de Galicia e a Empresa, a día de hoxe segue sen cumprirse.
“Tendo en conta que ata a data non se dignou a contestarnos ao escrito presentado, ignoramos si, como é a súa obriga, se preocupou pola comunidade de Sol y Mar. Aproveitamos para lembrarlle que en Sol y Mar son 500 vivendas e máis de 1200 veciños e veciñas os que levan sufrindo durante 40 anos a contaminación electromagnética e as radiacións, así como o conseguinte deterioro e a infravaloración dos seus patrimonios” apunta Juanfran Martínez, coordinador de Alternativa en Arteixo.
“O alcalde de Arteixo debería ter coñecemento de que por parte da Comunidade Europea outorgáronselle a España uns 140 millóns de euros para levar a cabo infraestruturas e melloras de equipamentos relacionados especificamente coas enerxías, o medioambiente, as comunicacións, etc.
Non se pode desaproveitar esta oportunidade para eliminar dunha vez por todas unhas torres de alta tensión que tantos danos levan provocado á veciñanza de Sol y Mar” matiza o coordinador de Alternativa en Arteixo.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]