[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa de Arteixo volve solicitar ao Goberno local a recuperación da radio municipal
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa dos Veciños de Arteixo volve solicitar ao equipo de goberno que se recupere a radio municipal para informar directamente á veciñanza e fomentar a participación cidadá.
Mentres estivo operativa a Radio Municipal de Arteixo, sempre foi un medio de comunicación moi útil para a cidadanía, pero, o goberno local optou por ir deixándoa morrer ata a súa total desaparición.
En toda esta complicada situación que estamos a vivir, cambiou absolutamente todo, deixando patente que o Concello de Arteixo carece dun medio de comunicación público e eficaz para manter informada á cidadanía en todo momento.
Débese ter en conta que cada vez vivimos nun mundo máis preso dos novos medios de comunicación, que son moi útiles para moitas cousas, pero nos que tamén existe máis posibilidade de sufrir confusión, desinformación e que non están ao alcance de todas as persoas do municipio.
“A radio sempre é un medio de comunicación moi importante e útil, pero nestes momentos moitos máis, os que decidiron acabar con ela cometeron un grave erro.” apunta Noelia Martínez, Voceira de Alternativa en Arteixo.
Alternativa volve a solicitar ao equipo de goberno a súa recuperación. Permitindo que toda a veciñanza poida estar ao día do que acontece na vida municipal. “Como por exemplo informar aos moitos veciños que se verán afectados -e que moitos aínda non se decataron por carecer de información- polo proxecto de instalación dunha nova liña aérea de alta tensión entre o parque eólico de Monteagudo e o novo polígono de Morás” matiza a voceira de Alternativa en Arteixo.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]