700x400_1

Alternativa de Arteixo solicita a creación dunha comisión de estratexia para a recuperación da economía local

Alternativa dos Veciños de Arteixo solicita ao Goberno municipal a creación dunha comisión de estratexia para a recuperación da economía local, con representación de todas as formacións políticas e dos axentes económicos do municipio.

A crise de emerxencia sanitaria provocada polo Covid-19 tamén ten un grande impacto na economía. Está provocando e provocará graves efectos negativos na economía e, por tanto, pode afectar seriamente á situación económica de moitos autónomos, de moitas empresas e dos seus empregados a curto e medio prazo, á vez que tamén ten efectos máis duradeiros, ao poñer en perigo a súa supervivencia. Por iso, é esencial a creación da citada comisión para dar unha resposta económica coordinada e así poder mitigar estas repercusións negativas na economía do municipio.

Novas relacionadas