sar

Alternativa de Arteixo recolle firmas para reclamar melloras no servizo de pediatría

Alternativa dos Veciños de Arteixo pon en marcha unha campaña de recollida de firmas para reclamarlle á Xerencia da área sanitaria da Coruña e á Xunta de Galicia melloras no servizo de pediatría nos centros de saúde do municipio.

Os recortes e a precariedade imposta no sistema sanitario público de Galicia polo goberno autonómico, están a provocar grandes carencias na atención e na prestación deste servicio público. Nin os nosos nenos e nenas están a librarse das gravísimas carencias de recursos técnicos e sobre todo humanos. No concello de Arteixo, os centros de saúde de Villarrodís e Meicende teñen que compartir o servizo de pediatría, deixando sen cubrir o servizo de maneira alterna.

Ante esta situación, Alternativa dos Veciños decide iniciar un campaña de recollida de firmas entre a veciñanza de Arteixo, para esixirlle á Xunta de Galicia servizo de pediatría en horario completo para os tres centros de saúde do concello e un/ha pediatra para o PAC de Arteixo.

Novas relacionadas