[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa de Arteixo participará nos plenos da corporación municipal
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa dos Veciños de Arteixo participará en todos os plenos que celebre a corporación municipal, xa que representamos a mil veciños e veciñas que nas pasadas eleccións municipais depositaron a súa confianza en Alternativa, o que nos permitiu obter un concelleiro, que nos vimos obrigados a expulsar os poucos meses por traizón ao proxecto político e, que provocou que quedásemos sen representación no pleno, xa que este negouse e négase a entregar a acta de concelleiro.
Alternativa dos Veciños de Arteixo participará en todos os plenos que celebre a corporación municipal, amparándose no Regulamento Orgánico Municipal, no regulamento de participación cidadá e na constitución española.
“O Partido Popular deseñou unha estratexia para sacar a Alternativa dos Veciños do concello de Arteixo, xa que sabia e sabe perfectamente que Alternativa nunca participará no chiringuito que ten montado o Partido Popular no concello de Arteixo. De primeiras saíulles ben, xa que tiveron a sorte de que o único concelleiro que obtivemos nas pasadas eleccións municipais resultou ser un traidor que estaba a desexar venderse ao equipo de goberno para intentar sacar beneficio persoal. Conseguiron sacarnos rapidamente do pleno da corporación, e con isto, no PP de Arteixo xa contaban coa desaparición de Alternativa no municipio de Arteixo. Pero, co que non contaban, é que Alternativa seguiría traballando con máis forza que nunca e defendendo os intereses do municipio e de todos os veciños e veciñas” apunta Juanfran Martínez, coordinador de Alternativa en Arteixo.
“No municipio de Arteixo están a suceder cousas moi estrañas e que non podemos permitir. Por exemplo: o municipio está inmerso nun caos urbanístico como consecuencia de non contar cun Plan Xeral de Ordenación Municipal, máis de 500 familias que residen na Urbanización Sol y Mar de Oseiro levan máis 30 anos afectados polas radiacións que emiten as liñas de alta tensión que atravesan a urbanización, non contamos con prazas suficientes en residencias para os nosos maiores, o equipo de goberno está instalado no deixamento e o pasotismo, soamente se move e atende aos interese duns cantos empresarios ligados ao Partido Popular, etc. Vémonos na obrigación de explorar todas as vías legais, para que aínda que sexa a titulo persoal e individual, polo menos poder realizar preguntas nos plenos e que o goberno municipal teña que responder.” matiza Juanfran Martínez.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]