Foto Montegolf 3

Alternativa de Arteixo denuncia a situación da urbanización Monte Golf

Alternativa dos Veciños de Arteixo denuncia ante o Concello a situación que están a vivir os veciños da urbanización Monte Golf, en Morás. Esta urbanización quedou inacabada, provocando un contorno cheo de maleza, pozos de sumidoiros sen tapas cun alto risco de accidente, farolas rotas e sen alumear, cunha carencia total de valado entre a zona construída e a non realizada.

Son varios os veciños e veciñas desta zona que se queixan deste lamentable estado de abandono por parte do Concello de Arteixo. Debe demandarse á promotora que remate as obras de urbanización.

Novas relacionadas