par

Alternativa de Arteixo lamenta que a non aprobación do PXOM provoque graves consecuencias ao Concello por incumprimento de convenios

Alternativa dos Veciños de Arteixo denuncia que a negativa do goberno municipal para sacar adiante o Plan Xeral, está a provocar graves consecuencias ao concello por incumprimento de convenios asinados. Alternativa dos Veciños segue reclamando ao equipo de goberno a aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal, xa que é imposible consolidar o presente e futuro do municipio se non se conta con este documento.

“Estamos a ver como o concello está a sufrir constantes condenas por incumprimento de convenios asinados en anteriores lexislaturas que estaban vinculados á aprobación do PXOM” apunta Noelia Martínez, Voceira de Alternativa en Arteixo.

O equipo de goberno debe poñerse a traballar dunha vez para aprobar un Plan Xeral, xa que de non ser así, acabarán hipotecando o presente e o futuro do Concello de Arteixo.

“A veciñanza de Arteixo está a pagar a mala xestión e as malas prácticas dos diferentes equipos de goberno, principalmente as do equipo de goberno presidido por Manuel Pose. O actual equipo de goberno debe deixar de pensar nos intereses duns cuantos empresarios ligados ao Partido Popular e, ten que poñerse a pensar en defender os intereses do municipio de Arteixo e dos seus veciños” matiza Noelia Martínez.

Novas relacionadas