Alternativa solicita a dimisión do concelleiro de Urbanismo de Arteixo

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa solicita a dimisión do concelleiro de Urbanismo de Arteixo

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Arteixo solicita a dimisión do concelleiro de Urbanismo, Alberto Castro, por reincidir nas faltas de respecto e insultos proferidos contra veciños e veciñas de Arteixo.

Nunha reunión mantida entre membros do Goberno Municipal e veciños da parroquia de Lañas, o Sr. Alberto Castro, concelleiro de Urbanismo, volveu deixar patente que non reúne as condicións mínimas esixibles para ocupar un cargo público e representar á cidadanía.

“É inadmisible que un membro do Goberno Municipal se dedique a insultar aos veciños. Xa non é a primeira nin a segunda vez que o Sr. Alberto Castro mostra en público este tipo de actitudes. É algo habitual nel cada vez que un veciño defende os seus dereitos ou fai unha reclamación” apunta Noelia Martínez, voceira de Alternativa en Arteixo.

“Se o Sr. Alberto Castro non presenta a súa dimisión, pois entón debería ser o Sr. Alcalde quen o cese. Pero, parece algo moi improbable que o alcalde vaia a tomar medidas co concelleiro de urbanismo cando el comparte estes formas e mesmo tamén as utiliza para dirixirse a veciñanza” matiza Noelia Martínez.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!