Alternativa de Arteixo concentrarase ante de Costas para que se retiren as pedras dos areais arteixáns

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Arteixo concentrarase ante de Costas para que se retiren as pedras dos areais arteixáns

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Arteixo anuncia que a partir da próxima semana se concentrará todas as semanas diante da Demarcación de Costas na Coruña, ata que se retiren as pedras dos areais arteixáns afectados polo cambio de correntes provocado pola construción do Porto Exterior. Alternativa dos Veciños de Arteixo leva varios meses demándolle solucións aos diferentes organismos responsables, xa que preto doutra tempada de verán moitas das praias do municipio atópanse totalmente cubertas por pedras como consecuencia do cambio nas correntes mariñas que provocou a construción do Porto Exterior.

“O Sr. Martin Fernández, Presidente da Autoridade Portuaria, comportouse a reunirse co Xefe da Demarcación de Costas en Galicia para tratar este tema e que se poida actuar o máis axiña posible para arrombar as praias que se atopan totalmente cubertas por pedras. Para que a Autoría Portuaria poida actuar, é imprescindible contar co permiso e cunhas directrices establecidas pola Demarcación de Costas, xa que os areais atópanse en dominio público de Costas” apunta Noelia Martínez, voceira de Alternativa en Arteixo.

“Estamos preto da tempada de verán e os areais seguen repletos de pedras e son inaccesibles. Esta situación é inadmisible para a veciñanza e tamén para os visitantes e os establecementos de hostalería” matiza Noelia Martínez.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!