[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa aproba un orzamento de 32,4 millóns para Oleiros, reforzando o investimento social
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa dos Veciños aprobou o orzamento do Concello de Oleiros para o ano 2021, que se incrementa nun 2,14% en relación ao do anterior, acadando 32.474.000 euros. O 41% dos recursos destinaranse a bens correntes e servizos básicos, para fortalecer aínda máis os investimentos en políticas sociais, ante a adversa situación social e económica provocada pola pandemia.
“Estes orzamentos contemplan un importante incremento dos gastos sociais, para continuar atendendo e axudando a todas aquelas familias que teñan dificultades. Temos un equipo marabilloso de traballadores na área de Servizos Sociais e o que facemos é incrementar as partidas económicas para cubrir as necesidades sobrevidas derivadas da crise que poidan ter os cidadáns de Oleiros. Pero como sempre o faremos con seriedade e sen folclorismo”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.
En canto ao investimento en obras e servizos públicos, está previsto duplicar o gasto durante o 2021, para continuar mellorando a calidade de vida de todos os veciños e veciñas e contribuír tamén á reactivación económica. Entre os recursos destinados no orzamento e o uso de parte dos remanentes dos que dispón o Concello, van investirse uns 11 millóns de euros en diversas actuacións: segunda fase do paseo fluvial do Rego de San Pedro, segunda fase do campo de fútbol do norte do municipio, ampliación de beirarrúas en diversas localidades, novo aparcadoiro en Bastiagueiro, renovación do pavimento en camiños e rúas, expropiacións para novas sendas peonís e paseos, melloras e renovacións de redes de saneamento e abastecemento de auga, mantemento de parques e zonas verdes, novos desenvolvementos urbanísticos, implementación de novas tecnoloxías da información,…
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]