Alternativa aprobará mañá o orzamento do Concello de Oleiros para o 2021

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa aprobará mañá o orzamento do Concello de Oleiros para o 2021

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Mañá martes día 17 de novembro hai pleno municipal na Casa Charry, ás 12:00 horas. Debido á situación sanitaria, e en cumprimento da normativa da Xunta de Galicia, a sesión terá que celebrarse sen público. Coma sempre, o pleno poderá seguirse en directo a través de Radio Oleiros, sintonizando no 101.5 FM, a través da web municipal ou mediante a app para móbiles.

Entre outros asuntos, o Goberno municipal de Alternativa dos Veciños aprobará os orzamentos municipais para 2021. “Estou escoitando a moitos alcaldes e alcaldesas dicir que non é importante ter orzamentos no 2021 nos concellos pola situación que hai… Pero é que ao contrario, polo momento que atravesamos son aínda máis importantes, porque hai que seguir prestando servizos, son necesarias moitas obras públicas, e ademais desta maneira estamos contribuíndo a xerar emprego, que fai moitísima falta”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.

Os asuntos que se van someter á aprobación do pleno son os seguintes:

– Plan Estratéxico de Subvencións para os exercicios 2021-2023.
– Límite do gasto non financeiro 2021.
– Informe do cumprimento de estabilidade orzamentaria do orzamento para 2021.
– Orzamento para 2021.
– Conta Xeral do Concello de Oleiros de 2019.
– Estudo de Detalle do POL-4 (Sta. Ana-Mera).
– PACES do Concello de Oleiros.
– Ordenanza xeral de subvencións do Concello de Oleiros.
– Solicitude de subvención á Deputación Provincial para a Feira Alfaroleiros.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!