abastecemento

Alternativa aproba a realización de novas obras e servizos en Oleiros por importe de 1,3 millóns

O pleno do Concello de Oleiros aprobou as obras que se incluirán no programa da Deputación da Coruña POS+ 2021. En concreto trátase da renovación da rede de abastecemento de auga nas rúas Maside, Cascaxeira e Viravolta; a renovación do pavimento en varios tramos da avenida Ernesto Che Guevara; e a ampliación do aparcadoiro en Bastiagueiro, xunto á nova pista de patinaxe.

O pleno tamén aprobou destinar 509.722,92 euros deste plan provincial a gastos correntes. Así mesmo, aprobouse que os 308.922 euros do POS+ Adicional 1 sexan investidos en políticas sociais.

O Goberno municipal, a petición dos grupos da oposición, informou novamente sobre a demolición de Casa Carnicero. Ademais de recibir todos os documentos e informes solicitados, os grupos da oposición recibiron as explicacións no pleno sobre esta actuación, totalmente axustada á legalidade, na que o Concello asumiu a responsabilidade e a obriga de garantir a seguridade cidadá.

Novas relacionadas