Alternativa dos Veciños aproba no pleno unha declaración contra a violencia de xénero

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños aproba no pleno unha declaración contra a violencia de xénero

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]O Goberno municipal de Alternativa dos Veciños aprobou unha declaración contra a violencia de xénero para reafirmar o compromiso coa igualdade real entre mulleres e homes e coa eliminación de toda violencia contra as mulleres polo simple feito de ser mulleres; demandar das administracións con competencias un incremento dos recursos económicos e persoais destinados a loitar especificamente contra a violencia de xénero; solicitar unha mellora da atención e prevención de todas as formas de violencia machista; e demandar a introdución no marco legal do concepto de consentimento para mellorar na tipificación e tratamento da violación e das agresións sexuais. Alternativa dos Veciños, desde o Goberno municipal de Oleiros, pretende seguir incrementando os programas e recursos na loita real contra a violencia de xénero.

No pleno celebrado esta tarde, Alternativa tamén aprobou unha declaración para denunciar o represivo, xenófobo e ditatorial golpe de Estado en Bolivia e para rexeitar o recoñecemento do autoproclamado goberno de Añez por parte de Estados Unidos, Brasil e a Unión Europea. No documento presentado no pleno tamén se denuncia a intervención dos servizos de intelixencia de Estados Unidos para manipular e falsear os resultados dos comicios en Bolivia e impoñer un goberno títere que axudará e facilitará ás grandes corporacións a explotación dos recursos naturais dese país.

Na sesión tamén quedou aprobada a conta do Consorcio, que está adscrito por lei ao Concello de Oleiros, e a actualización de diversas taxas fiscais. O Goberno municipal tamén realizou unha declaración conta a violencia de xénero.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!