local-da-xuventude-carral_web

Alternativa dos Veciños aposta pola dinamización da Casa da Xuventude de Carral

Alternativa dos Veciños Carral aposta pola creación e dinamización de espazos alternativos para o ocio e tempo libre da xuventude do municipio.

Alternativa dos Veciños propón a ampliación da oferta de actividades de ocio e tempo libre para a xuventude de Carral. O Concello de Carral ten unha obriga para coa mocidade e desde Alternativa dos Veciños promoveremos máis actividades na Casa da Xuventude.

É imprescindible ofrecer alternativas de lecer ás nosas rapazas e rapaces con especial atención ás actividades físicas e da saúde. Promoveremos tamén coloquios sobre a educación afectivo-sexual, talleres sobre drogodependencia e, en xeral, sobre os temas que actualmente preocupan á xuventude. Tamén facilitaremos a participación da nosa mocidade en iniciativas europeas.

Mitins e encontros coa veciñanza

Este xoves 16 de maio teremos un encontro coa veciñanza en Casa Avelina, en As Travesas, a partir das 20:30. O venres 17 celebraremos no campo da feira de Carral un mitin a partir das 20 horas que contará coa participación de Javier Gestal, canidadato á alcaldía e con Ángel García Seoane, presidente de Alternativa dos Veciños.

Novas relacionadas