Alternativa apoia a retirada de honras a persoas vencelladas ao franquismo

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños apoia a retirada de honras da Deputación a persoas vencelladas ao franquismo

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Os grupos políticos con representación na Deputación da Coruña asinan unha Declaración Institucional para iniciar o proceso de retirada de honras e distincións a persoas vencelladas ao levantamento militar de 1936 e ao franquismo.

Así mesmo, a través desta Declaración presentada no pleno provincial ordinario deste venres 29 de marzo, a Deputación da Coruña comprométese a elaborar un novo Regulamento de Honras e Distincións en substitución do actual —vixente desde o 1969—, e a invalidar todas as distincións, nomeamentos, títulos honoríficos e demais formas de exaltación de persoas vencellas ao levantamento militar do 36 e á represión da ditadura. Tamén a eliminar a simboloxía franquista nos edificios pertencentes á institución provincial.

Esta declaración supón un avance en materia de recuperación da Memoria Histórica na Deputación da Coruña, que comezou cunha Declaración do 29 de xullo do ano 2016, tamén asinada por todos os grupos, na cal se lle retiraron os títulos honoríficos e distincións concedidas pola Institución provincial ao ditador Francisco Franco, dando cumprimento á lei da memoria histórica 52/2007, de 26 de decembro.  [/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column][vc_column_text]TEXTO DA DECLARACIÓN INSTITUCIONAL[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!