meiras-marcha

Alternativa dos Veciños apoiará o acto da 5ª Marcha Cívica pola Devolución do Pazo de Meirás do sábado 10 de novembro

Alternativa dos Veciños participará activamente na Marcha ao Pazo de Meirás do sábado 10 de novembro para esixir a devolución do Monumento ao patrimonio público, tal e como o manifestou no seu apoio público no pleno da Deputación da Coruña á moción relativa a esta marcha e esixindo unha solución inmediata para a recuperación do Pazo.

O sábado 10 de novembro, a partir das 12.00 h., sairá a 5ª Marcha Cívica pola Devolución do pazo ao patrimonio público do Monumento ás Vítimas da Represión Franquista, no paseo marítimo de Sada, cara o pazo, onde ás 13.00 h. haberá unha Concentración pedindo a devolución do Monumento. A partir das 11.00 ata as 12.45 horas haberá un servizo gratuito de autobuses a disposición das persoas que queiran acudir pola súa conta á concentración.

Novas relacionadas