sanidade

Alternativa dos Veciños apoia a manifestación en defensa da sanidade pública

SOS Sanidade Pública ten convocada para este domingo unha manifestación en defensa do sistema sanitario público de Galicia. A marcha partirá ás 12:00 horas da Alameda de Santiago de Compostela e contará co apoio e participación de Alternativa dos Veciños.

Os motivos desta convocatoria son múltiples. Os problemas de sobrecarga continua en atención primaria; os recortes que levaron a unha folga indefinida, tanto aos profesionais de PAC, como aos do servizo de urxencias do hospital de Santiago; a precariedade laboral; a sobrecarga das plantas de hospitalización, que teñen que atender o dobre de camas pero co mesmo persoal ou o sempre saturado servizo de urxencias hospitalario. Existen outros feitos alarmantes como a morte dun paciente na sala de espera do PAC da Estrada ou a rebelión en atención primaria coa dimisión da maioría das xefaturas de atención primaria en Vigo e posteriores levantamentos dos profesionais nas diferentes áreas sanitarias.

Ante esta situación Alternativa dos Veciños apoia esta convocatoria e anima a todos os veciños e veciñas a que participen nela.

Novas relacionadas