Alternativa dos Veciños apoia a folga feminista convocada para o venres

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños apoia a folga feminista convocada para o venres

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Alternativa dos Veciños apoia a folga e todas as demais mobilizacións e actos que vaian ter lugar o vindeiro venres 8 de marzo, Día Internacional da Muller, para reivindicar a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, corrixindo as desigualdades existentes e rexeitando calquera discurso ou alianzas con forzas contrarias a este compromiso que poida supoñer unha volta atrás en materia de dereitos. Desde o Concello ínstase a todas as veciñas e veciños a sumarse a este compromiso para que cada persoa, na responsabilidade que ten como parte desta comunidade, manteña unha actitude e un discurso de acordo aos principios de igualdade entre homes e mulleres, principalmente nos roles que temos no noso día a día.

O fito que supuxeron os actos e as mobilizacións do 8 de marzo o ano pasado son a expresión inequívoca do desexo e da necesidade de evolucionar como sociedade cara a unha convivencia realmente igualitaria en dereitos entre mulleres e homes. Todo isto non será posible ata a eliminación do patriarcado, un conglomerado de crenzas, abusos, discursos, actitudes e roles que están implantados na nosa sociedade e que impiden acadar esta verdadeira igualdade. O traballo para derruír ese muro que impide avanzar ás mulleres nos seus dereitos laborais, profesionais, persoais e sociais ten que ser un traballo conxunto de toda a sociedade.

Desde o ano 2003 houbo 983 mulleres vítimas de violencia de xénero recoñecidas oficialmente. No ano 2019, de seguir a proporción de vítimas no que levamos de ano estaremos ante o peor ano desde que hai recollida de datos estatísticos.

Ante todo isto, Alternativa dos Veciños tamén solicita a toda a cidadanía unha reformulación de moitas das actitudes e comentarios do día a día nas que subxace a representación dese sistema patriarcal, baixo fórmulas aparentemente inofensivas ou inocuas pero que son, en realidade, o principal elemento no que se basean todas as desigualdades. Precisamente polo seu carácter aparentemente inofensivo e por ser aceptado socialmente debemos ter un especial coidado e atención.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!