Alternativa apoia a concentración convocada para o luns no María Casares

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa apoia a concentración convocada para o luns no María Casares

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

A ANPA Os Pazos do IES María Casares vai realizar unha protesta ante as instalacións do centro para reclamar á Consellería de Educación máis especialistas en Pedagoxía Terapéutica debido á alta taxa de alumnado con necesidades especiais e con necesidades de apoio educativo. A concentración está convocada para o vindeiro luns día 17, ás 18:10 horas, ante as instalacións do instituto.

O IES María Casares conta este curso con 587 alumnas e alumnos, dos que 34 precisan dunha atención específica. O centro só dispón dunha única profesional especialista para estes 34 escolares o que resulta claramente insuficiente e inadecuado para impartir un ensino digno e de calidade.

O alcalde, Ángel García Seoane, denunciou publicamente esta situación e, xunto con outros concelleiros e concelleiras de Alternativa dos Veciños, participará na concentración do luns para amosar o apoio do Concello a todas estas reivindicacións da ANPA Os Pazos.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!