[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa dos Veciños apoia a campaña de cooperación internacional con Cuba
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa dos Veciños apoia a campaña internacional de cooperación con Cuba para poder conseguir xiringas coas que subministrar a súa vacina contra o covid-19. O criminal bloqueo perpetrado por Estados Unidos está a impedir que os países nos que se producen xiringas llelas vendan a Cuba, que malia liderar a cooperación sanitaria mundial nos peores momentos da pandemia enviando médicos a diversos países do mundo agora sofre a insolidariedade e a infamia do Goberno dos Estados Unidos.
Aínda que Cuba dispón das vacinas producidas no seu país, carece doutros elementos necesarios para a campaña de vacinación como xiringas ou frascos para os viais. Estes produtos están monopolizados por poucas empresas no mercado internacional, a maioría norteamericanas ou doutros países que debido ao bloqueo non comercian con Cuba. Tan só unha empresa china presentou unha oferta para a venda do material necesario (25 millóns de xiringas) a un prezo unitario de 8 céntimos as xiringas con agulla.
A organización SODEPAZ ten habilitada unha conta bancaria solidaria para realizar doazóns económicas para a adquisición das xiringas. O número de conta é ES42 1550 0001 2900 0350 9221 e no ingreso debe figurar “jeringuillas” como concepto. Por cada euro achegado permítese a realización de 12 vacinacións.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]