Alternativa apoia ás melloras para os servizos sociais

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa apoia ás melloras para os servizos sociais

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Cambre deu o seu voto favorable, no pleno de onte, para reforzar e impulsar os Servizos Sociais de Cambre.

Por unha banda, celebrando a chegada do Plan Único de Concellos “POS+2021” da Deputación Provincial da Coruña, que destinará un total de 237.308,73 euros que serán invertidas nas axudas de emerxencia social do Concello de Cambre. Por outra, Alternativa apoiou mocións, que propoñían garantir que os cargos políticos do Concello de Cambre non realicen a entrega de axudas entre a cidadanía, (situación acontecida por varias ocasións no último ano). A mellora da información á veciñanza sobre a concesión de axudas dos Servizos Sociais.

E se fixo fincapé en incidir na atención domiciliaria municipal, coa implantación dun protocolo de prevención e actuación para a Covid19, así como a inclusión do colectivo de traballadoras/es como prioridade de vacinación.

Mocións que non foron aprobadas (salvo a referida á vacinación) polo voto en contra do goberno municipal agochando a mala xestión por parte da Concelleira dos Servizos Sociais, membro do PSOE.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!