[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa apoia a proposta veciñal para o traxecto temporal en A Rocha
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa de Cambre contactou coa veciñanza afectada polo trazado temporal da obra que se está a realizar na Rocha para prestar o seu apoio na protesta ante os inconvenientes ocasionados polo mesmo.
Dende a Asociación de Veciños de Sigrás propoñen unha opción que minora as consecuencias negativas do trazado disposto polo “Ministerio de Transporte, Movilidad y Agenda Urbana”.
O colectivo denuncia que durante os dous meses de supresión no acceso a estrada DP-1702, da Deputación, e a N-550 no citado tramo, prexudicaríase aos negocios que se atopan no percorrido cortado, así como rodeos innecesarios ao numeroso número de persoas que diariamente empregan a vía.
Tamén reclaman a mellora da sinalización do trazado temporal, xa que está a levar moitos vehículos a deambular por rueiros da zona.
Dende Alternativa dos Veciños sumámonos á demanda veciñal e confiamos que a súa proposta sexa tida en conta polos órganos competentes.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]