Alternativa apoia a manifestación do sábado en defensa de Alcoa

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa apoia a manifestación do sábado en defensa de Alcoa

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Este sábado 27 de marzo, ás 12 horas na Delegación do Goberno da Coruña, está convocada unha manifestación pola defensa do emprego, por un futuro industrial e contra a represión sindical. Alternativa dos Veciños apoia esta convocatoria e fai un chamamento á participación a toda a cidadanía da comarca.

As administracións competentes deben centrar todo o seu esforzo en garantir a supervivencia desta factoría esencial para toda a comarca da Coruña, mantendo todos os seus postos de traballo e que se proceda á readmisión da traballadora e dos traballadores despedidos que, ademais eran representantes sindicais, defendendo un dos pilares básicos do ámbito laboral no país como é a liberdade sindical, como exercicio dos dereitos fundamentais das traballadoras e traballadores na procura das mellores condicións laborais nos seus centros de traballo.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!