Alternativa apoia a creación dun Centro de Información á Muller

Alternativa votou a favor da proposta do PSOE para a creación dun Centro de Información á Muller (CIM) para a veciñanza de Cambre, unha demanda que Alternativa leva anos esixindo para o reforzo dos servizos sociais.

A iniciativa saíu adiante co apoio de todos os grupos da corporación, agás Unión por Cambre, que obtou pola abstención, a pesar de ser un compromiso anunciado durante o seu mandato.

O voceiro de Alternativa, Raúl Varela, sinalou que “resulta chamativo que o impulso definitivo do PSOE chegue agora, cando durante os últimos anos foron responsables directos da área Servizos Sociais.”

Comparte esta nova!