Alternativa apoia a concentración convocada polo BNG en defensa da Sanidade Pública de Arteixo

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa apoia a concentración convocada polo BNG en defensa da Sanidade Pública de Arteixo

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Varios membros de Alternativa dos Veciños de Arteixo asistiron e apoiaron a concentración convocada polo BNG en defensa da Sanidade Pública de Arteixo. Entre outras carencias na atención primaria do municipio, na concentración falouse da necesidade de contar con outra matrona, cunha sala de radioloxía e de mellorar o servizo de pediatría nos tres centros de saúde do municipio. Tamén de garantir as consultas presenciais.

“En Alternativa levamos moitos meses loitando e demandado ao Sergas e a Xunta melloras nos tres centros de saúde do municipio. Conseguimos que o ano pasado se cubrisen as vacacións da matrona, que non se viñan cubrindo durante anos. Tamén, hai unhas semanas que a Xerencia da Área Sanitaria da Coruña atendeu ás nosas reiteradas solicitudes e incorporou un novo pediatra ao centro de saúde de Arteixo. Pero aínda queda moito que mellorar. Por exemplo; é primordial contar cunha sala de radioloxía e cun pediatra para o PAC ” apunta Noelia Martínez, portavoz de Alternativa en Arteixo.

Alternativa sempre apoiará todo aquilo que defenda unha Sanidade Pública digna e de calidade. Dános igual quen o promova e as diferenza que podamos ter. A defensa da Sanidade Pública non entende de cores nin de ideoloxías. Ou polo menos así o entendemos nós e así debería de ser.

“Sabemos que outras formacións nunca asistirían a unha concentración convocada por Alternativa dos Veciños en defensa da Sanidade Pública, puidémolo comprobar na que convocamos en febreiro do ano pasado, pero así son eles e nós non somos nin queremos ser como eles” matiza Noelia Martínez.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!