8mm

Alternativa dos Veciños anima a participar na manifestación feminista do domingo

Alternativa dos Veciños fai un chamamento a todos os cidadáns para que participen este domingo día 8 de marzo na manifestación convocada polo colectivo GALEGAS 8-M na Coruña, ás 12:00 horas no Obelisco. Alternativa apoia esta manifestación e todas as demais mobilizacións e actos que vaian ter lugar con motivo do Día Internacional da Muller.

Alternativa dos Veciños quere reivindicar unha vez más a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, para que se corrixan as desigualdades existentes. Igualmente rexeitamos todos os discursos e políticas que atenten contra os dereitos acadados nesta materia.

Novas relacionadas