Alternativa anima a participar nunha concentración no Centro de Saúde de Sada en defensa da sanidade pública
Alternativa dos Veciños de Sada, debido á ausencia de resposta por parte da Consellería de Sanidade ante ao déficit de facultativos que existe en Galicia, anima a todos os cidadáns do municipio a participar nunha concentración convocada para o xoves 19 de decembro, ás 12:00 horas, ante o Centro de Saúde de Sada. Con esta convocatoria reclámase un servizo de Atención Primaria digno e de calidade.
“Os pasados 27 e 28 de Novembro, coa folga da Atención Primaria, aseguraron repoñer todas as baixas e ausencias do persoal. Dúas semanas despois, atopamos dúas baixas no noso Centro de Saúde con visos de ser prolongadas, ambas coa quenda de tarde, volvendo a non cubrir ditas ausencias salvo co esforzo e horas doutros compañeiros da quenda de mañá, xa de por si superados cunha listaxe de pacientes moi por riba da media”, dixo o concelleiro de Promoción da Saúde, Cohesión Social e Voluntariado Breogán Blanco González.