Alternativa dos Veciños advirte da necesidade de mellorar a oferta cultural en Culleredo
Alternativa dos Veciños traballará por mellorar a vida cultural do Concello de Culleredo creando infraestruturas públicas e mellorando as actuais.
Desde o noso grupo consideramos imprescindible unha mellora na oferta cultural promovida polo Concello de Culleredo. Máis obradoiros, promocionar a proxección de documentais e presentacións de libros, concursos literarios. En definitiva, unha maior e mellor oferta para a veciñanza. Tamén nas bibliotecas públicas, fomentando charlas e divulgación sobre a cultura do noso municipio.
O próximo encontro de Alternativa dos Veciños de Culleredo coa veciñanza será este sábado 18 de maio ás 20:30 horas no Centro Social de Castro-Laxe.