Tras a recente información facilitada pola concelleira de Facenda do Concello de Cangas respecto á situación económica do Concello de Cangas, Alternativa dos Veciños realiza unha serie de puntualizacións para aclarar certos aspectos, xa que se nos acusa ata da débeda de Promalar, cando toda a veciñanza coñece perfectamente que grupo asinou dito convenio.
Redución da débeda bancaria
Ao finalizar o período de goberno de Victoria Portas, a débeda con entidades financeiras situábase en 3 millóns de euros (3.027.329,89€). Esta cifra foi reducíndose a 1 millón por ano e co acordo plenario donde se aprobou que a última cuota sera en xuño do 2026, quedando completamente amortizada a débeda (acordo plenario xullo de 2021).
Remanente de Tesourería
Non debería resultar sorprendente que o remanente de tesourería se situase en 3,2 millóns de euros, xa que a execución orzamentaria do 2024 foi notablemente deficiente, ningunha pero ningunha das nosas emendas presentadas e aprobadas dese orzamento foi executada, a pesar de estar recollidas nos orzamentos aprobados.
O que significa que as familias non puideron contar coa aula matinal nin co programa deportivo a pesar de existir orzamento para elo, non se rehabilitaron as vivendas para aluguer social a pesar de existir orzamento, non se xestiouno nada da piscina municipal a pesar de existir orzamento propio para elo, a continuación do plan de mobilidade tan necesario a pesar de existir partida, a compra da capela de Santa Marta, a contratación directa de máis de 26 veciños e veciñas como fomento de emprego, a dinamización do noso comercio local dotado de 100.000€ ou un plan de turismo sostible e non saturación dotado con 70.000€ por primeira vez na historia do noso concello, ou o non ser capaces de quitar a diante a licitación do contrato de Axuda no Fogar e non cumplir coas horas pactadas. Uns 3,2 millóns que non se emplearon no noso pobo porque non se traballou.
Incumprimento do período medio de pago
O período medio de pago situouse en 35 días, superando en 5 días o límite legal establecido. Este incumprimento carece de xustificación, dado que os orzamentos de 2024 xa estaban aprobados desde o verán dese mesmo ano polo que nos útlimos dous trimestres do ano se puido perfectamente cumplir o periodo medio de pago, pois si existe remanente de tesourería se demostra que existían os cartos para facer fronte aos pagos diarios. O non cumplir co periodo medio de pago pode supoñer sancións ao noso concello que o final , e como sempre, acabarán pagando a veciñanza.
Xestión da débeda con Promalar
A xestión desta débeda foi desastrosa. Non obstante, pagáronse 2 millóns de euros grazas ao cobro da subvención do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) por valor de case 2,7 millóns de euros, destinada á renovación de 6.000 luminarias LED, subvención xestionada polo goberno de Alternativa, que adiantou a cuantía para efectuar as obras e que foi cobrada polo concello co novo goberno municipal. Resulta improcedente que a concelleira Xiana Abal atribúa méritos que non lle corresponden.
Aprobación tardía dos orzamentos de 2024
A demora na aprobación destes orzamentos débese á falta de capacidade negociadora e de sensibilidade por parte da concelleira responsable, non é de recibo indicar que foi Alternativa quén demorou dita negociación, cando existe hemeroteca que indica que foi Alternativa a que esixiu por escrito as reunións para negociar os orzamentos que non aceptaron ningunha proporta feita e que iso nos levou a ter que presentar emendas nos días previos as comisións informativas para ser debatidas en Pleno.
As declaracións realizadas directamente á prensa demostran as contradiccións do goberno sobre a negociacións e que igualmente con tempo suficiente como para xestionar as cuantías, senón non entendemos porque fan ese orzamento se xa sabían que ían tarde.
Finalmente, é preciso desmentir a afirmación da concelleira de Facenda cando sinala que a mellora prevista para 2025 se debe a débedas herdadas do anterior goberno local. En realidade, as sentenzas que provocaron ditas obrigas económicas non son atribuibles a Alternativa. Xa que se pode ver perfectamente de que anos veñen sendo arrastradas e negociadas nos tribunais, e en todo caso, nunca estaremos de acordo de pagar servizos non realizados con intereses desmesurados como os desbroces, a negociación de pagos de Promalar ou o pago sen recurrir do ximnasio sport, que supuxo máis de cen mil euros.
Alternativa dos Veciños reitera o seu compromiso coa transparencia e seguirá informando á cidadanía, cumprindo coa súa obriga de ofrecer datos veraces e contrastados. E rexeitamos a insistencia do goberno municipal de que sempre que algo sae mal a culpa foi nosa , volvemos a reiterar que “ a falta de respeto mutuo” imposibilita avanzar de forma positiva como pobo.