Alternativa abstense no POS: apoia o investimento, pero rexeita o procedemento

Alternativa dos Veciños decidiu non bloquear o investimento de 1,3 millóns de euros do Plan Único de concellos (POS) da Deputación de A Coruña, pero obtou pola abstención como mostra de rexeitamento á xestión do goberno municipal, ao considerar que non está a traballar con criterios de necesidade, urxencia nin respecto polos acordos plenarios.

O grupo denunciou a que o executivo local está a deixar de lado os compromisos aprobados por unaminidade no pleno, entre eles propostas de Alternativa como a humanizacion e mellora da seguridade viaria Alvedro, a renovación da contorna da capela de San Cosme, a rehabilitación dos acesos á Sésamo, entre outros.

Alternativa considera que o goberno está a baleirar de función legal as mocións aprobadas, incumprino os acordos plenarios quer responden a demandas veciñais. “O Alcalde que pide apoio á oposición nos medios debería asumir a sua primeira responsabilidade: cumprir ccos compromisos que adquire no pleno en respeto á veciñanaza.” Sinalou o grupo.

Os proxectos aprobados- que saíron adiante grazas a abstención dos grupos da oposición- serían, segundo o executivo, os únicos que cumprían cos requisitos do POS. Poren Alternativa advertiu que se trata en boa parte de proxectos arrastrados de convocatorias anteriores, porque, tal como admitiu o alcalde, que os proxectos comprometidos á veciñanza nos plenos non están aínda nin en tramitación.

A pesar da tensión do debate plenario, foron aprobados os seguintes investimentos dentro do POS:

  • Renovación de prazas en Tierno Galván (495.524,32 €).
  • Renovación da rede de iluminación pública con tecnoloxía LED e telexestión na N-550 (371.991,96 €).
  • Rehabilitación de firmes en diversos viais en Almeiras (Eladio de la Iglesia – Pelamios -Silva) (285.390,26 €).
  • Renovación do pavimento nas rúas Fonte do Souto, Tarrío, Leonzas, Manuel Reboredo e adxacentes (216.560,06 €).
  • Acondicionamento e seguridade viaria na R/Campo da Fonte (208.187,97 €).
  • Renovación do pavimento na rúa Tuto, Castro, Nabas e Cadaval (122.896,98 €).
  • Inversión en gastos correntes (110.016,86 €)
Comparte esta nova!