[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa dos Veciños solicita respecto para as persoas con diversidade funcional autorizadas a saír dos seus domicilios
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]O Ministerio de Sanidade permite ás persoas con diversidade funcional saír do seu domicilio por “motivos terapéuticos”, nos casos nos que non poden soportar confinamentos indefinidos. Están habilitadas as persoas que teñan alteracións de conduta, coma por exemplo con diagnóstico de espectro autista ou de condutas disruptivas.
É imprescindible que poidan contar coa posibilidade de saír a rúa ou a pasear en coche durante breves períodos de tempo, debido ao efecto terapéutico que teñen estas saídas. Só poden realizarse de maneira excepcional, durante o tempo imprescindible, unicamente acompañados dunha persoa de apoio, sen poder entrar en contacto con outras persoas e coa documentación acreditativa da situación por se fose requirida polos axentes da autoridade.
Desde Alternativa dos Veciños seguiremos a fomentar a inclusión das persoas con diversidade funcional desde valores coma a liberdade, a dignidade e o respecto, sen necesidade de distintivos, nin etiquetas.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]